ENTREVISTAS
- Entrevista a Andrea Maceiras en El Ideal Gallego.
- Entrevista a Beatriz Núñez, presidenta de Espazo Lectura, en Biosbardia.
- Entrevista Rodrigo Chao, ilustrador, en Fervenzas Literarias.
- Este sábado 4 de xuño celébrase na Illa de San Simón a entrega dos Premios Xerais 2016. Nela, coñeceremos os/as gañadores/as do VIII Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil e do XXXI Premio Merlín de Literatura Infantil, ademais do XXXIII Premio Xerais de Novela. Aquí podes consultar todas as obras gañadoras do Jules Verne e do Merlín.
- O xoves día 2 de xuño, ás 19:30, celebrarase en Cangas, na Libraría Wells (Praza do Arco, 5), un encontro cos autores da obra O Ganapán das Palabras, de Kalandraka, Pepe Cáccamo e María Xosé Fernández.
- Ledicia Costas foi a convidada de honra na XXV Edición do Simposio de Literatura Infantil e Xuvenil do Instituto Cervantes de New York os días 20 e 21 de maio. +info: na web de Xerais.
- A Asociación Galega de Editores vén de renovar a súa xunta directiva, ademais do seu nome. A asociación pasa a denominarse Asociación Galega de Editoras e a estar presidida por Xosé Ballesteros. Acompañan ao responsable de Kalandraka Henrique Alvarellos, de Alvarellos Editora como vicepresidente, Belén López, de Baía Edicións, no cargo de secretaria e María Xesús Gómez, de Rodeira, como tesoureira. Entran tamén na directiva, como vogais, Laura Rodríguez, de Hércules, Fran Alonso, de Xerais e Xulio Amigo, de Galaxia, e Tomás González, de Urco Editora.
- En maio tamén se celebrou a esperada I Gala do Libro Galego. Podes consultar aquí as obras gañadoras, entre as que se atopan O meu pesadelo favorito, de María Solar, Lendo lendas, digo versos, de Antonio G. Teijeiro e Antonio Reigosa. Ademais, Espazo Lectura foi premiado pola súa importante labor no fomento da lectura.
- No mes de maio entregouse tamén o premio Astrid Lindgren á gañadora Meg Rosoff, en Estocolmo.
0 comentarios:
[Comentario blog]