
Como vos anunciaramos, o pasado martes celebramos a entrega dos premios ás gañadoras do concurso Adopta un animal de conto do DILI 2016.
Cada unha das premiadas recibiu un diploma acreditativo e un lote de libros. As bibliotecas que presentaron os traballos recibiron tamén cadanseu lote de libros. Dende GÁLIX estamos especialmente orgullosos da alta participación galega neste concurso, con 131 debuxos en total nas tres categorías.
Bota aquí un ollo á reportaxe do acto emitida pola TVG.
0 comentarios:
[Comentario blog]