
A Asociación de Escritor@s en Lingua Galega celebra este mes unha homenaxe á nosa socia de honra do 2015, Helena Villar Janeiro.
Nesta homenaxe, a AELG celebrará a entrega da Letra E de 2016 a Helena Villar Janeiro na súa terra, en Rianxo, o 25 de xuño. A homenaxe "O/A Escritor/a na súa Terra" chega este ano á súa XXII edición. Nela, hónrase a escritores/as procurando un contacto directo e a súa implicación na xornada.
Entre os eventos estará a entrega do galardón Letra E, unha peza escultórica de Caxigueiro, e a plantación dunha árbore simbólica, neste caso, un loureiro, elixido pola propia autora, así como a colocación dun monólito conmemorativo.
Na web da AELG, neste enlace, podedes consultar o programa da xornada.
0 comentarios:
[Comentario blog]