A escritora viguesa vén de recibir dous novos recoñecementos á súa carreira:
Por unha banda, o Premio dos clubs de lectura 2016, premio que recoñece á autora máis lida nos clubes de lectura do ámbito educativo e do que se fará entrega o 10 de xuño, e, por outra banda, o Premio Losada Diéguez, pola obra Un animal chamado néboa. O xurado do Losada Diéguez salientou que os relatos de Costas nesta obra "conseguen demostrar a condición global da memoria dos traumas da nosa historia recente, grazas a un hábil manexo de innumerables fontes documentais. A autora ofrécenos unha crónica do mellor e do peor da condición humana. Viaxamos así, sen solución de continuidade, do xeral ao particular por medio dun conxunto de historias que suscitan en nós un abano de emocións que chegan a deixarnos case sen alento".
+info: Ler en mancomún e Blog de Xerais
0 comentarios:
[Comentario blog]