mércores, 25 de maio de 2016

Convócase o Premio Lazarillo 2016



A OEPLI vén de convocar o premio anual Lazarillo de 2016. Este ano, na modalidade infantil.

Como sabedes, este premio adícase a 2 modalidades:

Modalidade de Ilustración:
Destinado a estimular a produción de álbums infantís ilustrados, dotado con 3.000 € de premio. Presentaranse maquetas dunha obra con algunhas ilustracións. Descarga as bases para ver toda a información.

Modalidade de Literatura:
Adicado a estimular a produción literaria infantil de calidade, está dotado tamén con 3.000 €. As obras presentadas, de carácter infantil, non deberán sobrepasar as 80 páxinas. Bota un ollo ás bases completas descargándoas aquí.

Lembrade que podedes consultar tamén as obras gañadoras en edicións pasadas neste enlace.

Toda a información na web da OEPLI aquí.Descarga as bases para as modalidades de Ilustración (aquí) e Literatura (aquí).

xoves, 19 de maio de 2016

Na nosa biblioteca (23)


Estas son as novidades literarias de maio:

Título: As peripecias de Extravaganzza Pérez
Texto: Ledicia Costas
Ilustracións:Oscar Villán
Editorial: Pazo de congresos e Esposicións de Pontevedra

As peripecias de Extravaganzza Pérez, 
é o libro que Ledicia Costas escribiu en exclusiva para o Salón do Libro 2016.

Neste enlace, entrevista a Óscar Villán por Nuria Díaz.







Texto: Xoán Babarro
Ilustracións: Viki Berre
Editorial: Sotelo Blanco
Colección: Bolboreta





mércores, 18 de maio de 2016

Libros galegos en IBBY Europe


 A páxina do IBBY adicada a libros infantís en linguas europeas, IBBY Europe, vén de engadir o libro Escarlatina, a cociñeira defunta. Moi pronto esperamos contar con máis libros na web, para espallar a nosa literatura por Europa.

Ademais, o mes pasado, GÁLIX apareceu na newsletter do IBBY! Bota un ollo aquí.


Bota un ollo á web de IBBY Europe aquí e á newsletter aquí.

martes, 17 de maio de 2016

Feliz Día das Letras Galegas



Hoxe, 17 de maio, celébrase o Día das Letras Galegas, adicado este ano 2016 a Manuel María.

Todas as vilas acollerán actos conmemorativos e multitude de actividades.
Celebra o día da nosa lingua e as nosas letras!

Máis info na web da Real Academia Galega.

luns, 16 de maio de 2016

As bibliotecas municipais da Coruña cumpren 25 anos



Este mes celebramos o 25 aniversario das bibliotecas municipais da Coruña.

Parabéns!

No ano 1991, foi a Biblioteca Municipal Infantil a Xuvenil unha das primeiras en abrir as súas portas.

As bibliotecas son un ben necesario no noso día a día e desexamos que o sexan moitos anos máis!

Bota un ollo a esta entrevista ao respecto no xornal La Voz de Galicia.


A guía ninja do ilustrador (ii)



Non vos perdades as últimas entradas da Guía Ninja do Ilustrador, a iniciativa da Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI) para informar aos ilustradores autónomos dos aspectos legais, profesionais e do mercado nos que se desenvolve a súa profesión.

Na páxina da Guía Ninja do Ilustrador podes atopar toda a información.

Velaquí as entradas publicadas ata o momento:
1) Coñece os teus dereitos, e
2) Traballo especulativo ("spec work")
3) Por que non traballo gratis
4) O cliente 'ilustrado' é o mellor cliente
5) Poñer prezo ao teu traballo

venres, 13 de maio de 2016

Feiras do Libro: Porriño e Lugo



O pasado día 12 de maio inaugurouse en Porriño a Feira do Libro Novo, na Rúa Ramón González. A feira poderá visitarse ata o domingo 15.

A seguir, o día 17 de maio, terá lugar a inauguración da Feira do Libro Novo de Lugo, na Praza Maior.


Velaquí as datas de todas as Feiras do Libro deste ano:



Entrevista ao presidente de GÁLIX


O pasado 1 de maio, o noso presidente, Xosé Antonio Perozo, foi entrevistado por Tino Santiago no programa Zig-Zag Eirado. Nela, o presidente fala, entre outras cousas, do noso catálogo (que podes consultar aquí).

Podes ver a entrevista completa neste enlace.

Coñecemos os debuxos gañadores do Concurso Adopta un animal de conto do DILI


Xa chegou o día! A OEPLI vén de facer público o fallo do concurso Adopta un animal de conto, iniciativa de participación organizada co gallo do Día Internacional do Libro Infantil.

Velaquí tedes os debuxos gañadores. Noraboa a todas! Axiña celebraremos a entrega de premios para vos entregar os vosos lotes de libros.

Bota un ollo ás adhesións á celebración deste día na web da OEPLI aquí.
Neste descargable atoparás todas as entidades participantes no concurso.


PRIMEIROS LECTORES 

Claudia Sande Bahamonde
O meu gato é un poeta, de Fran Alonso (Ed. Xerais)
2º Primaria, BMP de Valdoviño (A Coruña)
LECTORES AVANZADOS

Noa Fernández Curra 
Das cousas de Ramón Lamote, de Paco Martín (Ed. SM)
4º Primaria, Biblioteca Pública del Estado Antonio Odriozola (Pontevedra)
SUPERLECTORES

Nerea Tomé Regueiro
Dúas bágoas por Máquina, de Fina asalderrey. (Xerais)
1º ESO, Biblioteca Púbica Municpal Os Templarios. Cambre (A Coruña)



xoves, 5 de maio de 2016

Coñécese o gañador do IX Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado



Os gregos Antonis Papatheodoulou e Iris Samartzi, autores do texto e das ilustracións, respectivamente, foron elixidos gañadores do IX Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado pola obra presentada co lema "El último día". 

Formaron parte do xurado a ilustradora Carme Solé Vendrell, o tradutor e editor Miguel Azaola, a bibliotecaria Ánxeles Roca, Manuela Rodríguez en representación de KALANDRAKA, o concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, o xefe do Departamento de Educación e Cidadanía do Concello de Santiago, Xosé Manuel Rodríguez-Abella, e Beatriz Rodríguez, do mesmo departamento, en calidade de secretaria.

+ info na web de Kalandraka, neste enlace


mércores, 4 de maio de 2016

A Revista Galega de Educación, adicada á poesía nas aulas


Vimos de recibir na nosa biblioteca un exemplar da Revista Galega de Educación que publica Nova Escola Galega. Este número, o 64, de febreiro de 2016, é un número monográfico adicado á poesía nas aulas e de grande interese para a comunidade educativa.

Dende Nova Escola Galega chaman a atención sobre a escasa presenza da poesía nas aulas, e recollen experiencias e reflexións de mestres e poetas que intentan que a poesía recupere o lugar que sempre tivo no ámbito escolar.

O monográfico contén artigos de Helena Villar Janeiro, Antón Cortizas, Fran Alonso, etc.

Podes consultar o sumario descargándoo neste enlace e non esquezas que podes pasar polas nosas oficinas consultalo se che interesa.


ENTREVISTAS RELACIONADAS:

martes, 3 de maio de 2016

Novos premios para Ledicia Costas


A escritora viguesa vén de recibir dous novos recoñecementos á súa carreira:

Por unha banda, o Premio dos clubs de lectura 2016, premio que recoñece á autora máis lida nos clubes de lectura do ámbito educativo e do que se fará entrega o 10 de xuño, e, por outra banda, o Premio Losada Diéguez, pola obra Un animal chamado néboa. O xurado do Losada Diéguez salientou que os relatos de Costas nesta obra "conseguen demostrar a condición global da memoria dos traumas da nosa historia recente, grazas a un hábil manexo de innumerables fontes documentais. A autora ofrécenos unha crónica do mellor e do peor da condición humana. Viaxamos así, sen solución de continuidade, do xeral ao particular por medio dun conxunto de historias que suscitan en nós un abano de emocións que chegan a deixarnos case sen alento".

+info: Ler en mancomún e Blog de Xerais