luns, 29 de febreiro de 2016
O XIII Premio Pura e Dora Vázquez de Narración xa ten gañadora
A escritora compostelá Montserrat Pis Marcos vén de gañar o XIII Premio de Narración Pura e Dora Vázquez.
A súa obra "Dos estranos ollos de Damaluar e das aventuras que lle sucederon o día que desapareceron as súas zapatillas" foi elixida a gañadora deste certame na modalidade de narración. Este premio, convocado pola Deputación de Ourense, está dotado con 1.500 €.
Agora ábrese o prazo para o Premio de Ilustración. As persoas interesadas poderán solicitar a obra premiada na modalidade de narración a través do correo-e publicacions@depourense.es. A modalidade de ilustración está, tamén, dotada cun premio de 1.500 €. O seu prazo estará aberto ata o 31 de marzo deste mesmo ano.
venres, 26 de febreiro de 2016
7º Premio Meiga Moira de Literatura Infantil e Xuvenil
Baía Edicións vén de convocar o 7º Premio Meiga Moira de Literatura Infantil e Xuvenil.
O prazo para a presentación de obras estará aberto ata o 17 de maio.
Consulta toda a información aquí.
Concursos da ACO O Facho
A Agrupación Cultural O Facho convocou os seus concursos de teatro infantil e contos de nenos.
Nestes enlaces podes ver toda a información:
- Concurso de teatro infantil
- Concurso literario de contos de nenos para nenos
mércores, 17 de febreiro de 2016
Día Internacional do Libro Infantil 2016
Como saberedes, o 2 de abril, para conmemorar o nacemente de Hans Christian Andersen, celébrase o Día Internacional do Libro Infantil.
Cada ano, a OEPLI e as súas catro seccións, entre as que se encontra GÁLIX, traballan para celebrar este día no maior número de lugares de toda España.
Nas actividades deste día animamos a participar a centros escolares, bibliotecas e librarías na difusión da mensaxe da escritora Luciana Santori e do cartel do ilustrador Ziraldo que este ano preparou a sección brasileira do IBBY. [Podes descargar a mensaxe en pdf aquí].
[DESCARGA: Carta de convite a bibliotecas e librarías / Carta de convite a centros docentes ]
Ademais, co gallo desta data, organizaranse sesións de contacontos, encontros con autores/as, etc. e, por suposto, o concurso anual. Este ano, o concurso chámase "Adopta un animal de conto".
[DESCARGA: Bases do concurso "Adopta un animal de conto"]
As librarías e bibliotecas poden adherirse a estas iniciativas a través da web da OEPLI neste enderezo.
GÁLIX será a encargada de coordinar estas iniciativas en Galicia e celebraremos, no seu momento, a entrega de premios para os/as rapaces/as que participen no concurso.
Descarga aquí:
o cartel e o folleto (imaxe e mensaxe).
mércores, 10 de febreiro de 2016
Convócanse os Premios AGADIC 2016
A Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) vén de convocar os seguintes premios de interese para a LIX, orientados a incentivar a creación literaria no eido teatral:
IX Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil
XII Premio Barriga Verde de Textos para Teatro de Monicreques.
Toda a información aquí.
Na nosa biblioteca (17)
Estas son as últimas novidades recibidas para a nosa biblioteca:
O marabilloso país dos snergs
Texto: E. A. Wyke-Smith
Tradución: Iolanda Mato
Editorial: Sushi Books
Colección: Avanzado

A historia do touro Ferdinando
Texto: Munro Leaf
Ilustracións: Robert Lawson
Tradución: Xesús Fraga
Editorial: Kalandraka
Unha festa sorpresa
Texto e ilustracións: Pat Hutchins
Tradución: Sandra Senra Gómez e Óscar Senra Gómez
Editorial: Kalandraka
Ademais destas obras, tamén recibimos unha doazón da AGPI (Asociación Galega de Profesionais da Ilustración):

Novas olladas sobre os clásicos universais [catálogo]
Coord.: María Álvarez, Nuria Díaz, Henrique Torreiro
Ilustracións: VVAA
Tradución: Norte SL
Editorial: AGPI
54 ilustrador@s interpretan os "clásicos".
martes, 9 de febreiro de 2016
Novas da LIX (1)
![]() |
Imaxe: Wikipedia |
En GÁLIX estivemos facendo unha pequena recopilación de novas de interese sobre a LIX que viron a luz no mes de xaneiro que vén de rematar para traerche aquí, nesta entrada especial, enlaces a entrevistas, bases de premios e outros datos de interés.
ENTREVISTAS
- Entrevista a Antonio M. Fraga no Diario de Ferrol.
- Entrevista a Ledicia Costas no Diario de Pontevedra.
- Entrevista a Marcos Viso no ZigZag Diario
- Entrevista a Andrea Maceiras no Correo Gallego
- Entrevista a Cristina Corral Soilán en Fervenzas Literarias
- Entrevista a María Canosa no ZigZag Diario
PREMIOS E CONVOCATORIAS
- Convocatoria dos Premios Xerais: Bases 2016 [Premio Jules Verne - Xuvenil] [Premio Merlín - Infantil]
- Entrega do Premio Arume de poesía para nen@s (Fundación Xosé Neira Vilas): A obra gañadora foi Soños de nenos, de Mónica Inés Varela. Será publicada pola Editorial Embora.
- Entrega dos Premios Fervenzas Literarias: Os mellores libros do 2015.
- Autor@s galeg@s na FIL de Bos Aires: María Solar, Ledicia Costas ou Elena Gallego son algúns dos nomes que estarán presentes na Feira Internacional do Libro de Bos Aires deste ano, que se celebrará entre o 21 de abril e o 9 de maio.
- A mediados de xaneiro nace Lermos.gal, unha nova e interesante iniciativa que ofrece unha ollada distinta sobre a literatura en galego.
- O 5 de xaneiro celebráronse os 55 anos de Memorias dun neno labrego.
luns, 8 de febreiro de 2016
A tradución de Ramon Nicolás de BISA BEA, BISA BEL entra na Lista de Honra do IBBY

A tradución feita polo amigo Ramón Nicolás da obra Bisa Bea, Bisa Bel, vén tamén de entrar na Lista de Honra IBBY 2016.
Parabéns, Ramón!
Bota un ollo á lista aquí.
Quero Cantar: o novo concurso de música infantil da Deputación da Coruña
Quero cantar é o novo concurso de música infantil da Deputación da Coruña.
Podedes enviar as vosas maquetas entre o 15 de xaneiro e o 15 de abril.
Toda a información en querocantar.gal e no seu facebook, aquí.
venres, 5 de febreiro de 2016
Escarlatina, a cociñeira defunta entra na Lista de Honra do IBBY
A obra de Ledicia Costas, Escarlatina, a cociñeira defunta, vén de entrar na Lista de Honra IBBY 2016.
Parabéns, Ledicia!
Bota un ollo á lista aquí.