Guía de lectura da Biblioteca de Oleiros

Publicado por GÁLIX | 18.1.16 Deixa un comentario




ABibliotecas Municipais de Oleiros elaboraron para este Nadal unha guía titulada  "De libros e ilusións", que podes ver e descargar neste enlace.

A guía está formada por 260 recomendacións de libros, DVD e CD que se presentan cun dobre obxectivo: mostrar obras de calidade literaria, artística ou científica para animar a súa lectura, audición ou visión e lembrar que un libro, un CD, ou un DVD son tamén un bo agasallo.
 Esta escolla foi realizada por todo o persoal das bibliotecas e trátase dunha selección de creacións de autoras e autores galegos, españois e internacionais, para distintos gustos,  intereses,  preferencias  e idades.  Boas historias e bos libros para ler, observar ou mirar, películas ou discos para gozar e compartir.
Publicación máis recente Publicación máis antiga

0 comentarios:

[Comentario blog]