Queres colaborar?

Publicado por GÁLIX | 6.7.15 Deixa un comentario



O traballo de GÁLIX é o traballo e ilusión de todos os seus socios e socias. 

A través do correo de xestión deste blog, galixblog@gmail.com, podes contactar con nós e facernos chegar as túas ideas e propostas.
Cóntanos das túas obras ou do teu blog, fálanos das novidades en literatura e ilustración que cres que deberiamos difundir... O que queiras! Este é o teu espazo.

Nos vindeiros meses, iremos engadindo contidos á web, especialmente, recursos de utilidade para ti e información de interese da xente asociada. Se tes algunha idea ou proposta, non dubides en facérnola chegar!

E non esquezas seguirnos en Facebook e Twitter. E aquí, claro.

Grazas por formar parte de GÁLIX!
Publicación máis recente Publicación máis antiga

0 comentarios:

[Comentario blog]