xoves, 30 de xullo de 2015
Entrevista a Anxo Fariña en Noticieiro Galego
Este mes publicouse no Noticieiro Galego unha entrevista ao noso socio escritor e magnífico ilustrador Anxo Fariña.
Podes ler a entrevista neste enlace.
Se queres coñecer máis de Anxo, non esquezas pasar pola súa web!
luns, 27 de xullo de 2015
Entrega do premio XII Premio Pura e Dora Vázquez de Narración e Ilustración Infantil e Xuvenil
O pasado 17 de xullo entregouse o XII Premio Pura e Dora Vázquez de Narración e Ilustración Infantil e Xuvenil. As gañadoras foron a escritora coruñesa Eli Ríos e a ilustradora Patricia Román.
A obra gañadora titúlase Bicha. Podes ler máis información aquí e ler o discurso de Eli Ríos aquí.
Este premio, organizado pola Deputación de Ourense, ten o obxectivo de recoñecer o legado das escritoras ourensás Pura e Dora Vázquez e promover a lectura entre a xente nova. O premio está dotado con 1.500 € para cada unha das modalidades.
venres, 24 de xullo de 2015
Romaría dos Libros - 25 de xullo
Co gallo do noso día, mañá, o 25 de xullo as editoras e librarías de Compostela celebrarán a primeira Romaría dos Libros.
A partir das 11 da mañá, a Praza de Mazarelos de Santiago acollerá esta interesante iniciativa.
O programa inclúe moitas actividades lúdicas e musicais ao longo do día. Haberá, tamén, postos de venda de libros, unha zona de bar con terraza e un espazo para nenos e neas.
Velaquí máis datos do programa:
12:00 - Apertura de postos
14:00 - Sesión vermú literario-musical: Sira e o robot, adventures on Titan (Miguel Mosqueira e Mark Wiersma)
17:00 - Solta de libros (bookcrossing) pola cidade
18:00 - Express literario (micropresentacións e lecturas de microrrelatos)
19:00 - Combate de debuxantes
20:00 - Guilherme e Bastardo: presentación do libro-cd Veredevere ao vivo
21:00 - Libros que soan: A chave mestra (Ariel Ninas)
Océano para terrícolas: contos do mar de Irlanda (Xurxo Souto)
22:00 - Feche
Máis información na súa páxina de Facebook aquí.
xoves, 16 de xullo de 2015
Na nosa biblioteca (3)
Máis novidades para o noso fondo!

Un conto ao revés
Textos e música de Francisco Amil Serantes - Chuches Amil
Ilustracións de Javi Prieto
Editorial Galaxia, 2015
Colección: Sonárbore
Booktrailer dispoñible aquí
luns, 13 de xullo de 2015
Na nosa biblioteca (2)
Estas son as últimas novidades recibidas para o fondo editorial de GÁLIX:
Osiño / A visita de Osiño / Un bico para Osiño / Papá Oso volve á casa
Textos de Else Holmelund Minarik
Ilustracións de Maurice Sendak
Tradución de Sandra e Óscar Senra Gómez
Editorial Kalandraka, 2015
Colección: Tras os montes
Texto de Joel Franz Rosell
Ilustracións de Constance V. Kitzing
Tradución de Xosé Ballesteros
Editorial Kalandraka, 2015
Colección: Primeiros Lectores
xoves, 9 de xullo de 2015
Na nosa biblioteca (1)
Estas son as últimas novidades recibidas para o fondo editorial de GÁLIX:
As máscaras do profesor Robindra
Texto de Xoán Babarro González
Ilustracións de Kristina Sabaite
Editorial Galaxia, 2015
Colección: Árbore (a partir de 10 anos)
136 páxinas
Coma unha áncora
Texto de Iria Collazo
Editorial Galaxia, 2015
Colección: Costa Oeste (a partir de 14 anos)
128 páxinas
martes, 7 de xullo de 2015
Elena Odriozola, Premio Nacional de Ilustración 2015
Este mes coñeceuse a gañadora do Premio Nacional de Ilustración do 2015.
Este premio outórgao o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte como recoñecemento a toda a obra dun ilustrador ou ilustradora no eido do libro e as letras.
Este ano, a gañadora foi Elena Odriozola.
Elena participou en varias obras editadas en Galicia, como A princesa que bocexaba a todas horas (OQO, 2009), Un segredo do bosque (OQO, 2008), O meu cole (Xerais, 2008), Tres irmás ladroas (OQO, 2007) ou Por que non canta o paporrubio (Galaxia, 1997).
Podes descubrir máis visitando o seu blog aquí ou o seu facebook aquí, e tamén nestas entrevistas [ 1 ][ 2 ][ 3 ].
luns, 6 de xullo de 2015
Queres colaborar?

A través do correo de xestión deste blog, galixblog@gmail.com, podes contactar con nós e facernos chegar as túas ideas e propostas.
venres, 3 de xullo de 2015
Entrega de premios do concurso "Nós lemos, e ti?"
O pasado 12 de xuño entregáronse na Cidade da Cultura de Santiago os premios aos selfies gañadores do concurso Nós lemos, e ti?, organizado co gallo do Día do Libro.
As gañadoras recibiron cadanseus lotes de libros e regaláronnos coa lectura dos fragmentos favoritos dos seus libros.
mércores, 1 de xullo de 2015
Xa está aquí o catálogo de libros publicados en 2014
A literatura infantil e xuvenil publicada en Galicia durante o ano 2014 viaxa polo mundo grazas ao noso catálogo, presentado na Feira de Bolonia deste ano 2015.
Se queres coñecer que obras se publicaron en Galicia durante 2014, preme aquí e bota un ollo ou descarga o catálogo.
Se queres coñecer que obras se publicaron en Galicia durante 2014, preme aquí e bota un ollo ou descarga o catálogo.
Estreamos blog!
Benvidos/as ao noso novo blog!Comezamos esta andaina coa ilusión de poder achegármonos máis a vós, socios e socias, e tamén de poder achegar á xente o traballo galego no mundo da literatura infantil e xuvenil.
Queremos poder informarvos e compartir todas as actividades que facedes posibles coa vosa axuda.
Queremos asistir a toda a xente involucrada nesta aventura marabillosa (e importantísima!) que é a literatura infantil e xuvenil.
E, sobre todo, queremos axudarvos e, tamén, contar con vós, a través dun espazo no que poidamos compartir as vosas iniciativas, traballos, opinión, documentos de referencia, utlidades para profesionais, etc.
Este novo blog é tamén o voso. Animádesvos a participar? Podedes escribirnos ou deixar as vosas suxestións, ideas, etc. nos comentarios.
Non sabes que é GÁLIX? Bota un ollo aquí!